Está situada ao oeste da provincia de Pontevedra e formada polos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente. Nela viven aproximadamente 13 000 persoas. Os seus límites son: ao norte, a comarca de Vigo, ao nordeste e ao leste a provincia de Ourense, ao sur Portugal e ao oeste a comarca do Condado. A capital da comarca é a vila da Cañiza.

Está formada polos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña e Pontecesures e nela viven aproximadamente 34 000 persoas. Limita ao norte coa comarca de Sar, ao oeste coa comarca do Barbanza, ao sureste coa comarca do Salnés, ao sur coa comarca de Pontevedra e ao leste coa comarca de Tabeirós-Terra de Montes. A capital da comarca é Caldas de Reis

Esta situada na zona central da provincia de Pontevedra e formada polos concellos de Pontevedra, Poio, Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Pontecaldelas e Vilaboa e nela viven aproximadamente 124 000 persoas.

Está situada ao norleste da provincia de Pontevedra e está formada polos concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei e nela viven aproximadamente 27 000 habitantes. Limita ao norte coas comarcas da Estrada e de Sar, ao leste coa comarca do Deza, ao oeste coas comarcas de Caldas e de Pontevedra e ao sur coa comarca do Carballiño. A cabeceira da comarca é a vila da Estrada.

Está situada ao suroeste da provincia de Pontevedra e formada polos concellos de Baiona, O Porriño, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Está situada ao sur da provincia de Pontevedra e formada polos concellos de Oia, Tomiño, Tui, A Guarda e O Rosal e nela viven aproximadamente 50 000 persoas. Limita ao norte coa comarca de Vigo, ao sur e ao oeste con Portugal e ao leste co océano Atlántico. A capital da comarca é Tui.

Está situada ao sur da provincia de Pontevedra e está formada polos concellos de Mondaríz, Mondariz-Balneario, As Neves, Salvaterra de Miño e Ponteareas. Nela viven aproximadamente 42 000 persoas e limita ao norte coa comarca de Sar, ao oeste coa comarca do Barbanza, ao sureste coa comarca do Salnés, ao sur coa comarca de Pontevedra e ao leste coa comarca de Tabeirós- Terra de Montes.

Está situada ao leste da provincia de Pontevedra e está formada polos concellos de Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón e Lalín. Nela viven aproximadamente 41 000 persoas. Limita ao norte coas comarcas de Arzúa e da Terra de Melide, ao sur coa comarca do Carballiño, ao leste coas comarcas de Chantada e da Ulloa e ao oeste coa comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

Está situada ao oeste da provincia de Pontevedra e está formada polos concellos de Bueu, Cangas do Morrazo, Marín e Moaña. Nela viven aproximadamente 83 000 persoas. Limita ao norte coa ría de Pontevedra, ao leste coa comarca de Pontevedra, ao sur coa ría de Vigo e ao oeste co océano Atlántico. A capital da comarca é Cangas do Morrazo.

Está situada ao oeste da provincia de Pontevedra e formada polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, A Illa de Arousa, Meis e O Grove e nela viven aproximadamente 110 000 persoas.