Está situada ao suroeste da provincia de Ourense e formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobios, Lobeira e Muíños. Nela viven aproximadamente 7 000 habitantes e limita ao norte coa comarca de Celanova, ao oeste, sur e sureste con Portugal e ao leste coa comarca da Limia. A capital da comarca é a vila de Bande.

Está situada no centro-sur da provincia de Ourense e está formada polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga,

Está situada ao norte da provincia de Ourense e está formada polos concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira. Nela viven aproximadamente 3 000 habitantes e limita ao norte coa Terra de Lemos, ao noreste coa comarca de Quiroga, ao leste coa Terra de Trives, ao sur coa comarca de Verín, ao suroeste coa Baixa Limia e ao noroeste coa comarca de Ourense.

Está situada ao oste da provincia de Ourense e formada polos concellos de Cartelle, A Bola, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea e nela viven aproximadamente 19 000 habitantes.

Está formada polos concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río e nela viven aproximadamente 4 000 persoas. Limita ao norte coa comarca de Quiroga, ao leste coa de Valdeorras, ao sur coa de Viana e ao oeste coa Terra de Caldelas. A cabeceira da comarca é a Pobra de Trives.

Está situada na parte central da provincia de Ourense e formada polos concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambia e Xunqueira de Espadañedo. Nela viven aproximadamente 14 000 habitantes e limita ao norte coa comarca de Ourense, ao sur coa comarca da Limia, ao leste coa Terra de Caldelas e ao oeste coa Terra de Celanova.

Está formada polos concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrán das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín . Nela viven aproximadamente 145 000 persoas.

Está situada ao leste da provincia de Ourense e nela habitan aproximadamente 27 000 persoas. Está formada polos concellos de Vilamartín de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, o Barco de Valdeorras, a Rúa de Valdeorras, o Bolo, Larouco, Petín, Rubiá e A Veiga.

Está situada ao sur da provincia de Ourense. Nela viven aproximadamante
27 000 habitantes e está formada polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Ríos e Vilardevós. Limita ao norte coa Terra de Caldelas e coa Terra de Trives, ao leste coa comarca de Viana, ao oeste coa comarca da Limia e ao sur con Portugal. A capital da comarca é a vila de Verín.

Está situada no surleste da provincia de Ourense e nela viven aproximadamente 6 000 persoas. Está formada polos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Mezquita e A Gudiña. Limita ao norte coas Terras de Trives e coa comarca de Valdeorras, ao oeste coa comarca de Verín, ao leste coa provincia de Zamora e ao sur con Portugal. A capital da comarca é a vila de Viana do Bolo.

Está situada ao noroeste da provincia de Ourense e formada polos concellos de Beariz, Boborás, o Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.

Está situada no noroeste da provincia de Ourense e formada polos concellos de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia e nela habitan aproximadamente 17 000 persoas.