Está formada polos concellos de Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e Valadouro. Nela viven aproximadamente 30 000 habitantes e limita polo norte e polo noreste co mar cantábrico, polo noroeste coa Mariña Occidental, polo oeste e polo sur coa Terra Chá, polo sureste con Meira e polo este coa Mariña Oriental. A cabeceira da comarca é a vila de Mondoñedo.

Está formada polos concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada. Conta con aproximadamente 16 000 habitantes e os seus límites son: ao norte o mar Cantábrico, ao sur as comarcas de Meira e da Fonsagrada, ao leste o Principado de Asturias e ao oeste as comarcas da Mariña Central e de Meira. A cabeceira da comarca está na vila de Ribadeo

A comarca da Fonsagrada está situada no norleste da provincia de Lugo. Esta formada polos concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz e nela habitan aproximadamente 5 000 persoas. Os seus límites son: ao norte a comarca da Mariña Oriental, ao sur a comarca dos Ancares, ao leste o Principado de Asturias e ao oeste as comarcas de Meira e de Lugo.

Está situada no norte da provincia de Lugo. Esta formada polos concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Nela habitan aproximadamente 26 000 persoas e os seus límites son: ao norte o mar cantábrico, ao sur, a Terra Chá, ao leste a Mariña Central e ao oeste a comarca de Ortegal. A cabeceira da comarca é a vila de Viveiro.

Situada ao norte da provincia de Lugo. Está formada polos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Pastoriza, Vilalba e Xermade. Nela viven aproximadamente 42 000 habitantes . Os seus límites son: ao norte a Mariña Occidental e a Mariña Central, ao sur a comarca de Lugo, ao leste a comarca de Meira e ao oeste as comarcas de Betanzos e do Eume.

A Terra de Lemos está e situada ao sur da provincia de Lugo e formada polos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober. Nela viven aproximadamente 32 000 habitantes. Os seus límites son: ao norte a comarca de Sarria, ao sur a comarca de Ourense e máis a Terra de Caldelas, ao leste a comarca de Quiroga e ao oeste a comarca de Chantada.

A comarca da Ulloa está situada no oeste da provincia de Lugo e está formada polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. Ten aproximadamente 9 000 habitantes e os seus límites son: ao norte e máis ao noreste a comarca de Lugo, ao sur a comarca de Chantada, e ao leste as comarcas do Deza e da Terra de Melide. A cabeceira da comarca é Palas de Rei.

Está situada no sur de Lugo e formada polos concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. Ten unha poboación de aproximadamente 14 000 habitantes. Limita ao norte coas comarcas de Lugo e da Ulloa, ao sur coa comarca de Ourense, ao leste coa comarca da Terra de Lemos e ao oeste coas comarcas do Deza e do Carballiño. A cabeceira da comarca é a vila de Chantada.

Está formada polos concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade. Ten aproximadamente 120 000 habitantes e os seus límites son: ao norte, a Terra Chá e a comarca de Meira, ao sur a comarca de Chantada, ao leste as comarcas da Fonsagrada, dos Ancares e de Sarria e ao oeste as comarcas da Ulloa e da Terra de Melide. A capital da comarca é Lugo.

A Comarca de Meira está formada polos concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto e habitan nela aproximadamente 5 000 persoas. Limita ao norte coa comarca da Mariña Central, ao sur coa comarca de Lugo, ao leste coa Mariña oriental e coa comarca de Fonsagrada e ao oeste coa Terra Cha. A cabeceira da comarca está na vila de Meira.

A comarca de Quiroga localízase no surleste da provincia de Lugo e está formada polos concellos de Folgoso do Caurel, Quiroga e Ribas de Sil. Nela viven aproximadamente 5 000 persoas.

Está formada polos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela e nela viven aproximadamente 23 000 persoas. Limita ao norte coa comarca de Lugo, ao sur coa Terra de Lemos, ao leste coas comarcas de Quiroga e dos Ancares e ao oeste coa comarca de Chantada. A capital da comarca é a vila de Sarria.

Páxinas