Rexístrate se queres participar no proxecto. Se xa te rexistraches preme aquí.
A Coruña
A comarca de Ferrol, tamén chamada Ferrolterra, está situada no norte da provincia da Coruña. Nela viven aproximadamente 160 000 persoas e está formada polos concellos de Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, As Somozas, Moeche, San Sadurniño e Cedeira. Limita ao norte e ao oeste co Océano Atlántico e co mar Cantábrico, ao sur coa comarca do Eume e ao leste coas comarcas do Eume e máis de Ortegal. A capital da comarca é Ferrol.