Rexístrate se queres participar no proxecto. Se xa te rexistraches preme aquí.
Lugo
Está situada no sur de Lugo e formada polos concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. Ten unha poboación de aproximadamente 14 000 habitantes. Limita ao norte coas comarcas de Lugo e da Ulloa, ao sur coa comarca de Ourense, ao leste coa comarca da Terra de Lemos e ao oeste coas comarcas do Deza e do Carballiño. A cabeceira da comarca é a vila de Chantada.