Xesús Freire, o creador do Trivial da Terra, desprazábase esta pasada fin de semana ata Xermade onde se celebraban as XI Xornadas Interxeneracionais Rurais, que este ano chegaban á undécima edición e que tiveron lugar na Casa Escola de Cabreiros.

Freire, participou activamente nestas xornadas para conseguir información de relevancia para avanzar no traballo do Trivial da Terra Chá. O responsable do Trivial da Terra tivo tempo para conversar con Xosé Manuel Felpeto, presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e con Antonio Riveira, presidente da Asociación Cultural Roteiros de Carba. Con eles, coñeceu diversos aspectos socioculturais da Comarca e de Xermade en particular que servirán para completar o Trivial da Terra.

As XI Xornadas Interxeneracionais Rurais estiveron organizadas polo Concello de Xermade, a Asociación de Veciños de Cabreiros e pola Universidade de Santiago de Compostela.