A comarca de Sar está formada polos concellos de Dodro, Padrón e Rois; está situada no suroeste da provincia da Coruña. Nela viven aproximadamente 16 000 habitantes e os seus límites son, polo norte e polo leste a comarca de Santiago, polo sur, as comarcas de Caldas e Tabeirós-Terra de Montes e polo oeste as comarcas de Noia e de Barbanza. A cabeceira da comarca é a vila de Padrón.

A comarca do Barbanza está situada ao suroeste da provincia da Coruña e formada por catro concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Santa Uxía de Ribeira. Conta con 69 000 habitantes aproximadamente. Xeograficamente esta comarca está ubicada na península do Barbanza, á que tamén pertencen outros concellos da comarca de Noia. A cabeceira da comarca é Santa Uxía de Ribeira.

A Barcala é unha comarca situada no noroeste da provincia da Coruña. Está formada polos concellos da Baña e de Negreira. Conta con aproximadamente 11 000 habitantes. Os seus límites son, ao norte a comarca do Xallas, ao leste e ao sur a comarca de Santiago e ao oeste a comarca de Noia. A cabeceira da comarca é Negreira.

Situada no norte da provincia da Coruña. Conta cunha poboación de aproximadamente 25 000 habitantes. Está formada polos concellos de Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela e As Pontes de García Rodríguez.
Limita ao norte coas comarcas de Ortegal e de Ferrol, ao sur coa comarca de Betanzos, ao leste coa ría de Ares e ao oeste coa Terra Cha. A capital da comarca é Pontedeume.

Está situada no norte da provincia da Coruña e está formada polos concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. Viven nela aproximadamente 13 000 habitantes e limita ao norte co oceáno Atlántico e co mar Cantábrico, ao sur coa comarca do Eume, ao leste coa comarca da Mariña occidental e ao oeste coa comarca de Ferrol. A cabeceira da comarca está en Ortigueira.

Esta situada no oeste da provincia da Coruña. Nela viven aproximadamente 14 000 persoas. Esta formada polos concellos de Mazaricos e de Santa Comba e os seus límites son: ao norte as comarcas da Terra de Soneira e de Bergantiños, ao sur, as comarcas de Noia e de Muros, ao leste as comarcas de Santiago e da Barcala e ao oeste a comarca de Fisterra. A cabeceira da comarca é Santa Comba.

Páxinas