Comarca formada polos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Sada. A súa poboación é de aproximadamente 39 0000 habitantes. Os seus límites son: ao norte o océano Atlántico, ao sur a comarca de Ordes, ao leste a comarca de Betanzos e ao oeste a comarca de Bergantiños. A capital da comarca é A Coruña

A Terra de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña e está formada polos concellos de Toques, Melide, Santiso e Sobrado dos Monxes e nela viven aproximadamente 12 000 persoas. Limita ao norte coa comarca de Betanzos, ao sur coa comarca do Deza, ao leste coas comarcas de Ulloa e de Lugo e ao oeste coa comarca de Arzúa. A cabeceira da comarca está na vila de Melide.

Está situada no oeste da provincia da Coruña e fórmana os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Nela viven aproximadamente 18 000 persoas e os seus límites son: o oceáno Atlántico polo norte, a comarca do Xallas polo sur, a de Bergantiños polo leste e a de Fisterra polo oeste. A cabeceira da comarca está na vila de Vimianzo.

A comarca de Arzúa está situada ao surleste da provincia da Coruña e formada por catro concellos: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro e ten aproximadamente 17 000 habitantes.
Os límites desta comarca son: as comarcas de Ordes e Betanzos ao norte, a Terra de Melide ao leste, a provincia de Pontevedra ao sur e a Comarca de Santiago ao oeste. A cabeceira da comarca é Arzúa.

Está formada polos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso e nela viven aproximadamente 70 000 habitantes. Limita ao norte co océano Atlántico, ao oeste co océano Atlántico e coa Terra de Soneira, ao sur coa comarca do Xallas e ao leste coa comarca da Coruña e a Comarca de Ordes. A cabeceira da comarca é Carballo.

Comarca situada no noroeste da provincia da Coruña. Está formada polos concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Nela viven aproximadamente 39 000 persoas.

A comarca de Ferrol, tamén chamada Ferrolterra, está situada no norte da provincia da Coruña. Nela viven aproximadamente 160 000 persoas e está formada polos concellos de Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, As Somozas, Moeche, San Sadurniño e Cedeira.

A comarca de Fisterra está situada ao leste da provincia da Coruña e está formada polos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Nela viven aproximadamente 22 000 habitantes e os seus límites son: ao norte a Terra de Soneira, ao sur, o océano Atlántico e e a comarca de Muros, ao leste a comarca do Xallas e ao oeste o océano Atlántico.

A comarca de Muros está ubicada no suroeste da provincia da Coruña. Está formada polos concellos de Muros e de Carnota e nela viven aproximadamente 13000 persoas. Os seus límites son: ao norte, a comarca do Xallas, ao sur e ao oeste, o océano Atlántico e ao leste a comarca de Noia. A cabeceira da comarca está no concello de Muros.

A comarca de Noia está situada no suroeste da provincia da Coruña. Está formada polos concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son, territorio no que viven aproximadamente 36 000 habitantes. Os seus límites son: ao norte a comarca do Xallas e da Barcala, ao leste as comarcas de Santiago e de Sar, ao sur a comarca do Barbanza e ao oeste a comarca de Muros e máis o océano Atlántico.

A comarca de Ordes está ubicada na parte central da provincia da Coruña e está composta polos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Nela viven aproximadamente 38 000 persoas. Ao norte limita coas comarcas de Bergantiños e da Coruña, ao sur coa comarca de Arzúa, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Santiago.

Está formada polos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra e situada no centro sur da provincia da Coruña. Nela viven aproximadamente 164 000 persoas.

Páxinas